Quen me veu e quen me ve!

Parece mentira!. Moitas das veces cando falamos da revolución tecnolóxica que está a sofrer a nosa sociedade, parece que o falamos como observadores. NADA MÁIS LONXE DA REALIDADE.
Aínda lembro, e non hai tanto, cando comecei a miña actividade docente alá polo 2000 e todo isto da tecnoloxía reducíase a sacar fotocopias, ás veces en multicopista, diapositivas, facer collage a man con diferentes gráficos e fotos... e xa o máis do máis: transparacencias para o proxector de transparencias.

Que lonxe e que cerca queda todo iso. Logo pasamos por anotar webs de interese e gardalas nos marcadores tras incontables horas de procura nos buscadores...

Pasamos de tempos con acceso a información moi restrinxida a xusto ao contrario: hai tanta que cómpre seleccionala moi escrupulosamente!!. Por outra banda, a relación co noso alumnado cambiou tamén nos vehículos que empregamos: agora ao inicio do curso úrxenos pedir a súa conta gmail e abrir unha carpeta en drive para enviarlle apuntamentos e exercicios e para que nolos envíen... As consultas de dúbidas fanas moitas das veces por correo electrónico.... Twitter séguese a resistir un chisco, pero ferramentas como diigo, pinterest, drive, blogger,... fixeron a miña tarefa como profesor non mellor, pero sí máis diversa e posiblemente máis eficiente tanto para min como para o meu alumnado.

Buf!. Cheganme a contar todo isto que facemos hoxendía hai case 20 anos e non acreditaría!!!!!

Malia todo, conto non non rematar como o da foto!!!

Achégovos esta introdución máis tecnificada para os meus cursos.
Ata a próxima

Comentarios

Entradas populares de este blog

REFLEXIONES SOBRE FLIPPED CLASSROOM

PRÁCTICA OSIÑOS DE GOMINOLA