Entradas

Mostrando entradas de 2016

PRÁCTICA MODIFICADA: REBORDARÁ O VASO DE AUGA?

Rebordará o vaso de auga? GUÍA PARA ESTUDANTES INTRODUCIÓN A agua é unha substancia moi especial e que na vida cotiá podemos atopar nos tres estados: sólido, líquido e gasoso. Dun xeito moi sinxelo traballaremos coa agua, os cambios de estado e as súas particularidades a través da seguinte pregunta: Rebordará o vaso de auga? MATERIAIS Cada grupo de 2-3 alumnos disporá do seguinte material: un vaso plástico transparente cubiños de xeo (2 ou 3) unha xerra con auga cámara fotográfica, video ou móbil (unha cartolina escura pode ser útil como fondo para as fotos) OPCIONAL: Se buscamos unha maior precisión nas medicións, podemos empregar unha probeta en lugar do vaso de plástico e unha balanza eléctrica para pesar, se for preciso. PRECAUCIÓNS Este experimento non precisa de precaucións especiais. COMEZAMOS 1º- Colocamos 2-3 cubiños de xeo dentro do vaso e vertemos auga ata que chegue ata o borde do vaso. Coida que non reborde! ...

PRÁCTICA OSIÑOS DE GOMINOLA

Véxolle moito éxito a esta práctica no meu alumnado. Realicei unha pequena modificación no protocolo, para xogar un pouco coa ósmose. Fixen dúas series: auga da billa e auga salgada. Ademais deixei un grupo de osiños control, para ver a evolución do tamaño e peso no tempo. Ademais de medir, pesei cada grupo de 10 osiños. Comentar que o grupo control cambio ao cabo de 4 horas, o seu peso aumentou: humedeceuse ao contacto co aire. RESULTADO Tratamento Lonxitude incial Lonxitude 4h Peso inicial Peso 4h Control 1,9 cm 2 cm 21,8g 23,7g Auga billa 1,9 cm 2,3cm 21,4g 41,6g Auga salgada 1,9 cm 2,1 cm 23,8g 30,8g Que diferencias atopades entre   os distintos grupos de osiños? HABILIDADES CIENTÍFICAS Varía o tamaño das gominotas? Observación   Polo miúdo, tanto por m...

PRÁCTICA ACUARIO DE REFRESCOS

Novamente xurdiu un pequeno problema coas marcas e a flotabilidade, que resolvín cun chisquiñó de sal. No caso de cocacola e cocacola light, non precisei engadir sal, Nesta práctica a recollida de datos é cruciar, polo que a lectura dos ingredientes de cada lata faise moi importante. Ás veces os alunnos demandan unha lata baleira para eliminar o factor peso do recipiente. Comentar que no desenvolvemento experimental topei con alumnos con solucións moi orixinais como coller o peso de azucre e colocalo en forma de area sobre a lata que flota!.... Que diferencias atopades entre s diferentes refrescos? HABILIDADES CIENTÍFICAS Acuario de refrescos Observación   É a proposta máis aberta, ao meu entender Elaboración de cuestións Terán que plasmar unha pregunta a respostar, por ejemplo: pro que unha aboian e outras non? Hipótese TErán que buscar unha/unhas posibles explicacións Planif...

PRÁCTICA PLANO INCLINADO

Resolvín o problema de inclinación dos planos empregando carpetas que fun apilando. Como se suxire collín tres inclinacións: -1 carpeta: 12º: tempos 0,97s, 0,64s, 0,72s; media: 0,78s  -2 carpetas: 18º: tempos 0,44s, 0,51s, 0,6s; media: 0,52s  -3 carpetas: 26º: tempos: 0,36s, 0,36s, 0,45s; media: 0,39s  A medición da velocidade co cronómetro resultou especialmente complicada. Sobre todo para iniciar e apagar o cronómetro xusto no tempo, polo que a marxe de erro na toma de datos é moi grand e. Poderías relacionar a inclinación do plano e a velocidade da bola? HABILIDADES CIENTÍFICAS Plano inclinado Observación Teñen que realizar as observacións, aínda que a variable a estudar está establecida Elaboración de cuestións A cuestión ven plantexada na mesma pregunta Hipótese A hipótese ven ligada a pregunta: a inclinación do plano inflúe na velocidade Planificación e investigación Planificar a s...

PRÁCTICA TORRE DE CORES

Práctica moi sinxela de realizar. A dificultade vai estar en como poden confirmar a diferenza de densidades dun xeito sinxelo. Cal podría ser a causa pola que estes líquidos estén separados ? HABILIDADES CIENTÍFICAS Torre cores Observación Partimos da observación Elaboración de cuestións A cuestión xa ven plantexada Hipótese Teñen que propor hipóteses Planificación e investigación Planificar a súa experimentación Interpretación Interpretar os resultados Comunicación Comunicar os resultados

PRÁCTIA DO BUZO

Realicei unha pequena modificación pois houbo problemas coa flotabilidade do sobre de ketchup. Un chisco de sal mellora a experiencia, ao menos co tipo de sobres que empreguei. HABILIDADES CIENTÍFICAS BUZO Observación Partimos da observación Elaboración de cuestións A cuestión xa ven plantexada Hipótese Teñen que propor hipóteses Planificación e investigación Planificar a súa experimentación Interpretación Interpretar os resultados Comunicación Comunicar os resultados

RETO DO BLOQUE

Imagen
PRÁCTICAS PARA FACER UNHA BUXAINA 2. FAI UNHA BUXAINA QUE AGUNATE MÁIS DE O SEGUNDOS XIRANDO. Aplico o suposto da práctia anterior, e coa mesma estrutura de buxaina procedo a conseguir unha maior excentricidade das moedas, mediante colgalas con cinta adhesiva da marxe, tal e como se recolle na foto O resultado foi o seguinte: lanzamento 1: 18,80 s; lanzamento 2: 16,05 s; lanzamento 3: 15,50 s Polo tanto o reto de manter xirando a buxaina máis de 8 segundos conseguiuse aumentando a excentricidade das moedas. REFLEXIÓN: 1. En cada práctica, que ten o control sobre a cuestión que se plantexa?. Entendo que o control sobre a cuestión recae no profesor. 2. En cada práctica, que ten o control sobre o procedemento a realizar? Na primeira o procedemento provén do profesor do curso, aínda que son unha directrices xerais. Na segunda, o procedemento para conseguilo está completamente aberto: selección de variables, estratexias.. 3. En cada práctica, quen ten o control sobre os resultad...

RETO DO BLOQUE

Imagen
PRÁCTICA 1. GUÍA PARA FACER UNHA BUXAINA  - Materiais - Procedemento   -Experimento 1: Moedas na periferia   Resultado: lanzamento 1: 5,8 s; lanzamento 2: 3,38 s; lanzamento 3: 6,73 s   -Experimento 2: moedas no centro Resultado: lanzamento 1: 2,18 s; lanzamento 2: 1,9 s; lanzamento 3: 2,52 s  Análise de resultados: -Cales foron os mellores resultados? Os do experimento un, coas moedas colocadas máis no exterior. -Segundo eses resultados, sim movésemos o peso máis lonxe do eixo que poderiamos esperar? Se colocamos as moedas máis na periferia aumentariamos o tempo de lanzamento.

REFLEXIÓN SOBRE A INDAGACIÓN NA AULA

Imagen
A necesidade dunha renovación pedogóxica do ensino non é unha novidade. Levamos tempo sabendo que algo vai mal, cando percibimos que o noso alumnado é ano tras ano menos receptivo as propostas convencionais.  A interese xeral do alumnado, e da sociedade en xeral, pola Ciencia está a diminuír moi notablemente tal e como amosan os informes europeos. Algo falla na comunicación científica e no fomento das súas acititudes. E que mellor punto de partida que a escola para darlle a volta a esta situación. A indagación científica propón o achegamento da metodoloxía científica a aula, favorecendo a adquisición de coñecementos e habilidades mediante retos. O alumnado pasa a ser protagonista do proceso de ensino, e mediante unha reflexión da súa contorna e cunha serie de ferramentas ao seu dispor, indaga, deduce e coñece a súa contorna inmediata.  O profesorado non queda desterradi, tan só cambia o seu rol ao de un facilitador durante o proceso, un guía na aprendizaxe. Deste xeit...

CIENCIA E INDAGACIÓN NA AULA

Imagen
PRESENTACIÓN Son Marcos Lago Álvarez, profesor de Bioloxía e Xeoloxía no IES Primeiro de Marzo de Baiona. Imparto docencia en 1º da ESO, 2º e 3º (seccións bilingües) e 1º de Bacharelato. Levo 16 anos no Ensino Secundario, e cada vez estou máis convencido da importancia do Ensino das Ciencias dende a prespectiva experimenta. Os laboratorios de Ciencias, e a indigación científica en xeral, son ferramentas moi importantes das que o profesorado debería de facer uso. A clase maxistral xa está máis que superada e temos que cambiar  os roles obsoletos tanto do profesor como fonte de coñecemento coma a do alumnado como recipiente pasivo. OS CAMBIOS SON SEMPRE INCÓMODOS... pero é unha transición que paga a pena!.