PRÁCTICA OSIÑOS DE GOMINOLA

Véxolle moito éxito a esta práctica no meu alumnado.
Realicei unha pequena modificación no protocolo, para xogar un pouco coa ósmose. Fixen dúas series: auga da billa e auga salgada. Ademais deixei un grupo de osiños control, para ver a evolución do tamaño e peso no tempo.
Ademais de medir, pesei cada grupo de 10 osiños.
Comentar que o grupo control cambio ao cabo de 4 horas, o seu peso aumentou: humedeceuse ao contacto co aire.

RESULTADO



Tratamento
Lonxitude incial
Lonxitude 4h
Peso inicial
Peso 4h
Control
1,9 cm
2 cm
21,8g
23,7g
Auga billa
1,9 cm
2,3cm
21,4g
41,6g
Auga salgada
1,9 cm
2,1 cm
23,8g
30,8g




Que diferencias atopades entre  os distintos grupos de osiños?
HABILIDADES CIENTÍFICAS
Varía o tamaño das gominotas?
Observación
 Polo miúdo, tanto por medición de lonxitude como de peso
Elaboración de cuestións
A cuestión vén plantexada
Hipótese
Terán que buscar unha/unhas posibles explicacións
Planificación e investigación
Planificar a súa experimentación
Interpretación
Interpretar os resultados
Comunicación
Comunicar os resultados

Comentarios

Entradas populares de este blog

REFLEXIONES SOBRE FLIPPED CLASSROOM

Quen me veu e quen me ve!