Entradas

Mostrando entradas de 2017

Quen me veu e quen me ve!

Imagen
Parece mentira!. Moitas das veces cando falamos da revolución tecnolóxica que está a sofrer a nosa sociedade, parece que o falamos como observadores. NADA MÁIS LONXE DA REALIDADE. Aínda lembro, e non hai tanto, cando comecei a miña actividade docente alá polo 2000 e todo isto da tecnoloxía reducíase a sacar fotocopias, ás veces en multicopista, diapositivas, facer collage a man con diferentes gráficos e fotos... e xa o máis do máis: transparacencias para o proxector de transparencias. Que lonxe e que cerca queda todo iso. Logo pasamos por anotar webs de interese e gardalas nos marcadores tras incontables horas de procura nos buscadores... Pasamos de tempos con acceso a información moi restrinxida a xusto ao contrario: hai tanta que cómpre seleccionala moi escrupulosamente!!. Por outra banda, a relación co noso alumnado cambiou tamén nos vehículos que empregamos: agora ao inicio do curso úrxenos pedir a súa conta gmail e abrir unha carpeta en drive para enviarlle apuntament...

SOBRE A CURACIÓN DE CONTIDOS NA EDUCACIÓN

Imagen
A selección de contidos de calidade na web é dun dos grandes retos na Educación. Xa non vivimos nos tempos, non tan lonxanos!. nos que as fontes de información a consultar consistína no libro de texto, nunha enciclopedia e ben pouco máis. Hoxendía o noso alumnado, a tan só un unha tecla, conta cunha infinidade de información ao seu dispor. Agora ben, o novo problema ao que nos enfrontamos é a enorme cantidade de información que pode topar, a cal moitas das veces non é a máis apropiada. Así, un dos nosos novos cometidos como docentes é non só indicarlles que fontes de información consultar, senon máis ben darlle ferramentas útiles para facer un filtrado axeitado na súa investigación. Nisto consiste a curación de contidos , seleccionar contidos de calidade ao redor dun tema de interese empregando a nosa indispensable visión crítica como educadores. Nin que dicir, que tanto é aplicable na nosa actividade docente cotiá, como na nosa propia autoformación, contribuíndo asía a no...

REFLEXIÓN SOBRE A CREATIVIDADE NA PRÁCTICA DAS CIENCIAS

Imagen
Moitas veces dámoslle volta a como facilitar a comprensión de procesos un tanto complicados. Por exemplo, no caso que me toca: a Bioloxía, procesos como a división celular son un tanto confusos para moitos dos meus alumnos/as. Innovar non é unha tarefa fácil e mesmo un tanto solitaria e incomprendida (podes ler o seguinte artigo de Javier Palazón ) Un xeito moi interesante de abordalo, e fomentar a creatividade tanto dende o profesorado como para o alumnado, é implementar prácticas ou tarefas estimuladoras e ao mesmo tempo rigorosas. Os tempos e lugares onde realizalo van dende o propio da clase ata entornos específicos, como un club de ciencias . Así, a secuencia tradicional para ensinar este proceso: propostas de libro de texto, podemos enriquecela con actividades como as que presento a continuación. Mitose real filmada: Impresiónalles moito o ben pouco que se ve e a necesidade de esquemas e representación para entendelo mellor. Simulación de mitose con plast...