PRÁCTICA MODIFICADA: REBORDARÁ O VASO DE AUGA?
Rebordará o vaso de auga? GUÍA PARA ESTUDANTES INTRODUCIÓN A agua é unha substancia moi especial e que na vida cotiá podemos atopar nos tres estados: sólido, líquido e gasoso. Dun xeito moi sinxelo traballaremos coa agua, os cambios de estado e as súas particularidades a través da seguinte pregunta: Rebordará o vaso de auga? MATERIAIS Cada grupo de 2-3 alumnos disporá do seguinte material: un vaso plástico transparente cubiños de xeo (2 ou 3) unha xerra con auga cámara fotográfica, video ou móbil (unha cartolina escura pode ser útil como fondo para as fotos) OPCIONAL: Se buscamos unha maior precisión nas medicións, podemos empregar unha probeta en lugar do vaso de plástico e unha balanza eléctrica para pesar, se for preciso. PRECAUCIÓNS Este experimento non precisa de precaucións especiais. COMEZAMOS 1º- Colocamos 2-3 cubiños de xeo dentro do vaso e vertemos auga ata que chegue ata o borde do vaso. Coida que non reborde! ...