Quen me veu e quen me ve!
Parece mentira!. Moitas das veces cando falamos da revolución tecnolóxica que está a sofrer a nosa sociedade, parece que o falamos como observadores. NADA MÁIS LONXE DA REALIDADE. Aínda lembro, e non hai tanto, cando comecei a miña actividade docente alá polo 2000 e todo isto da tecnoloxía reducíase a sacar fotocopias, ás veces en multicopista, diapositivas, facer collage a man con diferentes gráficos e fotos... e xa o máis do máis: transparacencias para o proxector de transparencias. Que lonxe e que cerca queda todo iso. Logo pasamos por anotar webs de interese e gardalas nos marcadores tras incontables horas de procura nos buscadores... Pasamos de tempos con acceso a información moi restrinxida a xusto ao contrario: hai tanta que cómpre seleccionala moi escrupulosamente!!. Por outra banda, a relación co noso alumnado cambiou tamén nos vehículos que empregamos: agora ao inicio do curso úrxenos pedir a súa conta gmail e abrir unha carpeta en drive para enviarlle apuntament...