SOBRE A CURACIÓN DE CONTIDOS NA EDUCACIÓN



A selección de contidos de calidade na web é dun dos grandes retos na Educación. Xa non vivimos nos tempos, non tan lonxanos!. nos que as fontes de información a consultar consistína no libro de texto, nunha enciclopedia e ben pouco máis. Hoxendía o noso alumnado, a tan só un unha tecla, conta cunha infinidade de información ao seu dispor.
Agora ben, o novo problema ao que nos enfrontamos é a enorme cantidade de información que pode topar, a cal moitas das veces non é a máis apropiada. Así, un dos nosos novos cometidos como docentes é non só indicarlles que fontes de información consultar, senon máis ben darlle ferramentas útiles para facer un filtrado axeitado na súa investigación.

Nisto consiste a curación de contidos, seleccionar contidos de calidade ao redor dun tema de interese empregando a nosa indispensable visión crítica como educadores. Nin que dicir, que tanto é aplicable na nosa actividade docente cotiá, como na nosa propia autoformación, contribuíndo asía a nosa PLN.
Unha boa secuencia do proceso de curación aparece recollida na seguinte infografía:
http://doitgenially.com/curacion-de-contenidos-en-educacion-2/Para acceder á páxina preme na infografía ou no seguinte link: enlace
Unhas das ferramentas de marcado social para este labor máis axeitadas son Pinterest, Flipboard, Scoop.it, Listly, Storify e Diigo.
A continuación achégovos un taboleiro Pinterest sobre curación de contidos para un club de ciencias: taboleiro pinterest


Comentarios

Entradas populares de este blog

REFLEXIONES SOBRE FLIPPED CLASSROOM

PRÁCTICA OSIÑOS DE GOMINOLA

Quen me veu e quen me ve!