REFLEXIÓN SOBRE A CREATIVIDADE NA PRÁCTICA DAS CIENCIAS
Moitas veces dámoslle volta a como facilitar a comprensión de procesos un tanto complicados. Por exemplo, no caso que me toca: a Bioloxía, procesos como a división celular son un tanto confusos para moitos dos meus alumnos/as.
Innovar non é unha tarefa fácil e mesmo un tanto solitaria e incomprendida (podes ler o seguinte artigo de Javier Palazón)
Innovar non é unha tarefa fácil e mesmo un tanto solitaria e incomprendida (podes ler o seguinte artigo de Javier Palazón)
Un xeito moi interesante de abordalo, e fomentar a creatividade tanto dende o profesorado como para o alumnado, é implementar prácticas ou tarefas estimuladoras e ao mesmo tempo rigorosas. Os tempos e lugares onde realizalo van dende o propio da clase ata entornos específicos, como un club de ciencias.
Así, a secuencia tradicional para ensinar este proceso: propostas de libro de texto, podemos enriquecela con actividades como as que presento a continuación.
Mitose real filmada:
Impresiónalles moito o ben pouco que se ve e a necesidade de esquemas e representación para entendelo mellor.
Simulación de mitose con plastilina e stopmotion:
É moi fácil de facer, require certa dose de paciencia e organización. Con programas como stopmotion, timelapse, pódese facer moi doadamente.
Simulación con alumnos ao ritmo de muiñeira:
Impresionante reinterpretación creativa dun proceso biolóxico en forma de coreografía de grupo e sen perder a perspectiva científica.
Como vedes, todas as propostas se complementan, e enriquecen a formación do noso alumnado presentando un mesmo proceso dende diferentes perspectivas e con rigorosidade.


Comentarios
Publicar un comentario