RETO DO BLOQUE

PRÁCTICAS PARA FACER UNHA BUXAINA 2. FAI UNHA BUXAINA QUE AGUNATE MÁIS DE O SEGUNDOS XIRANDO.

Aplico o suposto da práctia anterior, e coa mesma estrutura de buxaina procedo a conseguir unha maior excentricidade das moedas, mediante colgalas con cinta adhesiva da marxe, tal e como se recolle na foto
O resultado foi o seguinte: lanzamento 1: 18,80 s; lanzamento 2: 16,05 s; lanzamento 3: 15,50 s
Polo tanto o reto de manter xirando a buxaina máis de 8 segundos conseguiuse aumentando a excentricidade das moedas.

REFLEXIÓN:

1. En cada práctica, que ten o control sobre a cuestión que se plantexa?. Entendo que o control sobre a cuestión recae no profesor.
2. En cada práctica, que ten o control sobre o procedemento a realizar? Na primeira o procedemento provén do profesor do curso, aínda que son unha directrices xerais. Na segunda, o procedemento para conseguilo está completamente aberto: selección de variables, estratexias..
3. En cada práctica, quen ten o control sobre os resultados?. O primeiro caso non é un problema aberto, pois é de esperar uns resutlado semellante seguindo instruccións parecidas. No segundo, o caso cambia substancialmente,pois hai múltiples solucións para un mesmo reto. Eu por exemplo só xoguei cunha variable, pero constatei tamén o efecto de cambiar a posición do círculo con respecto o lapis.

Comentarios

Entradas populares de este blog

REFLEXIONES SOBRE FLIPPED CLASSROOM

PRÁCTICA OSIÑOS DE GOMINOLA

Quen me veu e quen me ve!