PRÁCTICA MODIFICADA: REBORDARÁ O VASO DE AUGA?

Rebordará o vaso de auga?

GUÍA PARA ESTUDANTES

INTRODUCIÓN
A agua é unha substancia moi especial e que na vida cotiá podemos atopar nos tres estados: sólido, líquido e gasoso.
Dun xeito moi sinxelo traballaremos coa agua, os cambios de estado e as súas particularidades a través da seguinte pregunta:
Rebordará o vaso de auga?

MATERIAIS
Cada grupo de 2-3 alumnos disporá do seguinte material:
  • un vaso plástico transparente
  • cubiños de xeo (2 ou 3)
  • unha xerra con auga
  • cámara fotográfica, video ou móbil (unha cartolina escura pode ser útil como fondo para as fotos)
OPCIONAL: Se buscamos unha maior precisión nas medicións, podemos empregar unha probeta en lugar do vaso de plástico e unha balanza eléctrica para pesar, se for preciso.

PRECAUCIÓNS
Este experimento non precisa de precaucións especiais.

COMEZAMOS
1º- Colocamos 2-3 cubiños de xeo dentro do vaso e vertemos auga ata que chegue ata o borde do vaso. Coida que non reborde!
[Asegúrate que os xeos aboien na auga]
2º-Atendemos a pregunta guía deste experimento
Rebordará o vaso de auga?
3º-Hai varias posibilidades na resposta:
      1. Que o derretirse o xeo reborde a auga
      2. Que o derretirse o xeo baixe o nivel da auga
      3. Que o derretirse o xo o nivel de auga quede igual
4º-Que pensas que pasará? Por que?. Recolle por escrito o teu prognóstico antes de observar o resultado.
-Observamos que acontece
Observa o que acontece co xeo e o nivel de auga o se derretir.
[Se o xeo tarda demasiado en fundirse, podes empregar auga morna para acelerar o proceso]
Cumpriuse o teu prognóstico? Indícao por escrito.
-Seleccionamos as propiedades
Que cambio de estado está implicado neste proceso? Que propiedade da materia pensas que está implicada?
[Pensa en propiedades físicas e sinxelas de medir: masa, volume, densidade, cor, velocidade....]
A partir da nosa observación e da propiedade ou propiedades que pensamos que están implicadas temos que elaborar a nosa hipótese.
-Unha hipótese é unha conxectura, unha explicación demostrable dun fenómeno que podemos contrastrar, é dicir, podemos demostrar se é correcta ou non por medio dun experimento.
Escribe a túa hipótese e pensa cómo podes comprobala cun experimento
-Decidimos como recoller os datos
Nun experimento temos que ser moi coidadosos coa toma de datos e sempre coller unha soa variable (unha propiedade a medir) para evitarmos interferencias con outras. Desta maneira, no nos experimento só modificaremos esa variable e o resto de condicións manteranse iguais.
Decide como recollerás os datos: táboa, listado.... e que tipo de instrumental precisarás (probetas, pipetas, vasos de precipitados, balanza, termómetro, etc)
-Analizamos os resultados
Temos que pensar como saberemos se os resultados da nosa investigación estarán de acordo ou non coa hipótese escollida.
Tamén é moi importante como presentaremos esos datos: gráficos, táboas, fotos, etc.
-Explicamos o noso proxecto (Science Talk)
Unha vez que finalizamos a recollidad de datos elaboraremos unha táboa resumo como a que se presenta a continuación:
CUESTIÓN GUÍA: Rebordará o vaso de auga?
HIPÓTESE
XUSTIFICACIÓN DA EVIDENCIA











EVIDENCIA












Evidencia: representación dos nosos datos enf orma de gráfico, táboa ou imaxe.
Xustificación da Evidencia: conxunto de razóns polas que a evidencia é importante. No noso caso permitiranos dar explicación ao fenómeno observado.

-Compartimos o noso proxecto: informe.
A comunicación é unha parte fundamental nunha investigación. Expor a túa investigación diante dun público, neste caso os teus compañeiros de clase, axudará a reflexionar sobre o feito e a intercambiar diferentes opiniones. Emprega o Science Talk para facelo, pero por favor non leas, cóntao!
Se amable cando contestes preguntas ou cando llas fagas a outros compañeiros.
Unha vez anotadas as aportacións, críticas ou posibles melloras no teu traballo, reúnete co teu grupo e discutide que aportacións teredes en conta.
Xa estades preparados para escribir o voso informe final!.
Segue o guión aportado para realizar o informe e complétao. Entrégallo ao teu profesor en man ou por correo electrónico. Respecta os prazos establecidos!.

Comentarios

Entradas populares de este blog

REFLEXIONES SOBRE FLIPPED CLASSROOM

PRÁCTICA OSIÑOS DE GOMINOLA