REFLEXIÓN SOBRE A INDAGACIÓN NA AULA
A necesidade dunha renovación pedogóxica do ensino non é unha novidade. Levamos tempo sabendo que algo vai mal, cando percibimos que o noso alumnado é ano tras ano menos receptivo as propostas convencionais.
A interese xeral do alumnado, e da sociedade en xeral, pola Ciencia está a diminuír moi notablemente tal e como amosan os informes europeos. Algo falla na comunicación científica e no fomento das súas acititudes. E que mellor punto de partida que a escola para darlle a volta a esta situación.
A indagación científica propón o achegamento da metodoloxía científica a aula, favorecendo a adquisición de coñecementos e habilidades mediante retos. O alumnado pasa a ser protagonista do proceso de ensino, e mediante unha reflexión da súa contorna e cunha serie de ferramentas ao seu dispor, indaga, deduce e coñece a súa contorna inmediata.
O profesorado non queda desterradi, tan só cambia o seu rol ao de un facilitador durante o proceso, un guía na aprendizaxe. Deste xeito conséguese unha nova perspectiva e un notable cambio de actitude fronte a ciencia, favorencendo o non abandono temperá de vocacións científicas tan necesarias na nosa sociedade.
Estamos ante continuos cambios nas políticas educativas, moitas veces sen rumbo e un tanto burocratizadas. Sen embargo, hai que tomar o lado bo ou o menos negativo que poden aportar... a reflexión, os retos e a indagación tamén dende a perspectiva do profesorado...
Unha boa oportunidade é o proxecto cientifico formalizado no último currículo da ESO, tanto para Bioloxía e Xeoloxía como para Física e Química.

Marcos, estou completamente de acordo co teu plantexamento. Pero sobre todo a oportunidade que representa o ter un proxecto científico formalizado dentro do currículo.
ResponderEliminar